Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

Familia Mendoza

FORTALEZAS E DEBILIDADES PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DA FAMILIA MENDOZA A FAMILIA MENDOZA Fortalezas Debilidades - Unidade na familia , a pesar das dificultades, a familia Mendoza logra manterse unida. A parte do que poden ou intentan aportar os pais tamén lles axudan os avós e os tíos prestándolles diñeiro. - Falta de diñeiro , o que lles impide poder coidar a súa casa, alimentación, saúde, educación... Isto provoca que non podan chegar como mínimo a un nivel de vida medio. - Entorno favorable , viven nun lugar que a pesar de estar apartado da sociedade axúdalles a sobrevivir debido a factores como unha terra fértil para plantar o maínzo que comen. É un lugar limpo xa que non hai gran acción do ser humano nel. - Falta de recursos domésticos , polo tanto non poden ter unha casa con todas as comodidades necesarias para levar unha vida normal (entre elas elect...

Presentación

¡¡Boas!! Chámome Cristina Freire Trinidad e son alumna de economía de 4º da ESO no IES Terra de Trasancos👋💖 IES TERRA DE TRASANCOS Situación: O Instituto de Ensino Secundario Terra de Trasancos é un centro do Concello de Narón (A Coruña) de titularidade pública. Atópase no lugar de Camiño Real S/N e o acceso principal ao centro resólvese dende a Estrada de Cedeira. A distancia do IES aos núcleos urbanos do concello, así como a procedencia dos alumnos, fai que estes utilicen para o acceso ao centro transporte escolar e, no caso dos alumnos de ciclos, transporte privado cando o seu horario lectivo non coincide co do resto dos alumnos. Este feito supón un condicionante na actividade do centro pois, na práctica, o desenvolvemento de calquera actividade fóra do horario lectivo implica o desprazamento dos participantes polos seus propios medios sen que exista nin sequera transporte colectivo público nas proximidades. Alumnado e familias:  Os alumnos do centro proceden,...