A historia ocorre en Chimteka (Malawi) e trátase dun neno chamado Lebiam que tras morrer o seu pai, a súa nai e o seu tío ten que ir a vivir coa súa irmá que xa ten moitos fillos e falta de recursos. Por isto, Lebiam traballa cazando ratos que vende para conseguir diñeiro que cubra os materiais necesarios para ir a escola. O problema é que como a súa irmá non ten diñeiro, el ten que comprar con eses aforros comida para a súa familia. Por outro lado, ao igual que Lebiam, no pobo no que viven moitos nenos quedan orfos pola enfermidade do SIDA e teñen que ir a vivir con outras familias que non teñen suficiente diñeiro para mantelos. Como non teñen unha cura, van ao hospital (aínda que teñen como único recurso unha bicicleta común) a por medicamentos que evitan que a enfermidade se reproduza. Moitos homes seguen rexeitando o preservativo e o 15% da...