Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Banco Palmas

BANCO PALMAS Como resultado dos procesos de desaloxo de comunidades de pescadores que se produciron nos anos 70 para dar paso á especulación en zonas de turismo da costa, o Conxunto  Palmeiras xurdiu en forma de  favela. Non tiña auga, sistemas de canalización ou transporte público e a violencia era unha das máis altas do estado de  Ceará. Así mesmo, a comunidade, debido ao desaloxo forzoso, quedouse sen o seu medio de vida, a pesca. Como en todas as historias de loita, as bases mobilizáronse. Os veciños, fartos das condicións infrahumanas nas que vivían tomaron as rendas da súa localidade e empezaron a crear as súas propias condicións. En 1981 formaron a Asociación de Veciños do Conxunto  Palmeiras ( ASMOCONP nas súas siglas en portugués), que se encargou de crear os servizos que necesitaba a comunidade. Con todo, a xeración de rendas seguía sendo unha cuestión pendente e debido a que agora o barrio ofrecía mellores condicións de vida grazas ao traballo da...

Diñeiro social

DIÑEIRO   S O C I A L Unha moeda social é una ferramenta creada e utilizada por comunidades, colectivos e particulares ao obxecto de poder facilitar intercambios tanto de produtos como de servizos ou de coñecementos. Outra definición, neste caso de Bernard Lietaer, considera ao diñero local como “ Un acordo dentro dunha comunidade de usar algo como medio de intercambio ”. - As moedas sociais caracterízanse polo seguinte: Son sistemas monetarios de vecindade baseados na confianza e a reciprocidade. Diferéncianse do diñeiro de curso legal pois en ocasións poden perder valor co tempo (fenómeno denominado “oxidación”, o interese negativo) co obxectivo de que non se poda acumular. Poden ser tan variados na súa forma e no seu funcionamento como son as moedas nacionais de curso legal. - Existen diferentes formas de crear diñeiro social: Desde os bancos de tempo e as redes de trueque: Créase a partir dos propios intercambios de servizos (bancos de tempo) ou...