Ir al contenido principal

Diñeiro social


DIÑEIRO SOCIAL



Unha moeda social é una ferramenta creada e utilizada por comunidades, colectivos e particulares ao obxecto de poder facilitar intercambios tanto de produtos como de servizos ou de coñecementos. Outra definición, neste caso de Bernard Lietaer, considera ao diñero local como “Un acordo dentro dunha comunidade de usar algo como medio de intercambio”.

- As moedas sociais caracterízanse polo seguinte:
  • Son sistemas monetarios de vecindade baseados na confianza e a reciprocidade.
  • Diferéncianse do diñeiro de curso legal pois en ocasións poden perder valor co tempo (fenómeno denominado “oxidación”, o interese negativo) co obxectivo de que non se poda acumular.
  • Poden ser tan variados na súa forma e no seu funcionamento como son as moedas nacionais de curso legal.
- Existen diferentes formas de crear diñeiro social:
  • Desde os bancos de tempo e as redes de trueque: Créase a partir dos propios intercambios de servizos (bancos de tempo) ou de produtos (redes de trueque). Os bancos de tempo usan a divisa tempo e as redes de trueque unha moneda social propia e característica. En ambos casos denomínanse moedas de “crédito mutuo”.
  • As moedas soportadas por euros que se “compran” con moeda de curso legal e cuxo obxectivo principal é o apoio do comercio local de proximidade. Estas últimas son máis coñecidas e populares.
- Pódense utilizar de diferentes maneiras, segundo:
  • O seu formato: dixital ou en forma de billetes físicos.
  • Os medios de pago utilizados: internet, SMS, Smartphone, tarjetas de pago...
  • O seu rexistro: manual, por internet…
ECO IRIS

Moneda social Eco Iris. El Magacín.
A principios de 2013, o Instituto Bruselense para a Xestión do Medioambiente lanzou o outro billete verde, como reza a publicidade do seu lanzamento: o Eco-iris. Os billetes que están en circulación funcionan xa en cinco barrios da cidade e alcanzan un valor equivalente a 78.000 euros. Un euro equivale a dez Eco-iris e na capital de Europa hai xa billetes de Eco-iris por valor de 780.000 euros que os cidadáns teñen nas súas mans precisamente para o fomento dun modelo de economía e de sociedade local, sostible, verde, directo, veciñal e humano.
“A forma de obter Eco-iris é moi sinxela”, explica Dúplex, responsable no barrio de Saint-Gilles de ofrecer a información sobre este sistema de pago. “Hai que inscribirse no programa a través da súa propia páxina web e logo consíguense os Eco-iris facendo as chamadas eco-xestas”. Por exemplo, comprar un produto ecolóxico e local reporta cinco Eco-iris e facer un horto en casa, 35 Eco-iris, os mesmos que se obteñen se se compra directamente a produtores locais. Tamén pódense conseguir 30 Eco-iris se se participa nun taller de cociña sostible e saudable. En Bruselas unhas mil persoas e casi un centenar de comercios aceptan xa o pago con esta moeda verde, desde produtores agrícolas ata librerías.

Comentarios