Ir al contenido principal

A historia de Lebiam en Chimteka, Malawi



A historia ocorre en Chimteka (Malawi) e trátase dun neno

chamado Lebiam que tras morrer o seu pai, a súa nai e o 

seu tío ten que ir a vivir coa súa irmá que xa ten moitos fillos 

e falta de recursos. Por isto, Lebiam traballa cazando ratos 

que vende para conseguir diñeiro que cubra os materiais 

necesarios para ir a escola. O problema é que como a súa 

irmá non ten diñeiro, el ten que comprar con eses aforros 

comida para a súa familia. Por outro lado, ao igual que 

Lebiam, no pobo no que viven moitos nenos quedan orfos 

pola enfermidade do SIDA e teñen que ir a vivir con outras 

familias que non teñen suficiente diñeiro para mantelos. 

Como non teñen unha cura, van ao hospital (aínda que 

teñen como único recurso unha bicicleta común) a por 

medicamentos que evitan que a enfermidade se reproduza. 

Moitos homes seguen rexeitando o preservativo e o 15% da 

poboación está infectada, pero solo 1 de cada 10 enfermos 

recibe este tratamento.


medicine

Comentarios