Ir al contenido principal

Familia Mendoza




FORTALEZAS E DEBILIDADES PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DA FAMILIA MENDOZA


A FAMILIA MENDOZA
Fortalezas
Debilidades
- Unidade na familia, a pesar das dificultades, a familia Mendoza logra manterse unida. A parte do que poden ou intentan aportar os pais tamén lles axudan os avós e os tíos prestándolles diñeiro. - Falta de diñeiro, o que lles impide poder coidar a súa casa, alimentación, saúde, educación... Isto provoca que non podan chegar como mínimo a un nivel de vida medio.
- Entorno favorable, viven nun lugar que a pesar de estar apartado da sociedade axúdalles a sobrevivir debido a factores como unha terra fértil para plantar o maínzo que comen. É un lugar limpo xa que non hai gran acción do ser humano nel. - Falta de recursos domésticos, polo tanto non poden ter unha casa con todas as comodidades necesarias para levar unha vida normal (entre elas electrodomésticos para cociñar, lavar, etc).
- Oportunidade de turismo, a familia Mendoza, xunto coas demais familias da zona poderían organizar uns lugares dedicados á actividade turística para vivir dos altos beneficios que chega a dar o turismo se fan todo correctamente. O sitio no que viven dálles a opción de ofrecer unha experiencia no medio rural. - Falta de educación, debido a iso, os nenos non poder aprender coma unha persoa que teña unhas condicións aceptables de benestar. Por outra banda, se enferman, non teñen un médico a unha distancia razoable da súa casa para que os atenda.
- Oportunidade de axuda, as comunidades indíxenas están moi marxinadas e unha gran parte delas vive na pobreza. Debido a isto, son os que máis axudas reciben por parte dos gobernos e das institucións dedicadas a tratar estes temas, xa que son os que máis a necesitan. - Ubicación no rural, isto impide a comunicación da familia (excepto en certos casos) con outra xente, e tamén impide a oportunidade de conseguir os recursos necesarios para poder vivir ben. A parte, vivían na ladeira dun monte, polo que cada vez que tiñan que saír da casa subían e baixaban unha gran costa.


- Falta de alimentos (alimentábase soamente de maínzo) o que provoca enfermidades, xa que non adquiren dese único alimento os nutrientes necesarios para ter unha boa saúde. Por outro lado, provoca un rendemento máis baixo nos nenos á hora de aprender.


- Falta de traballo, nesa familia vivían do que plantaban na terra e do que lles podían prestar outros familiares para gastos extraordinarios como levar ao seu fillo menor ao médico por desnutrición.


- Falta de sanidade, o que indica que, se enferman, non teñen un médico a unha distancia razoable da súa casa para que os atenda e poderían chegar a morrer dunha enfermidade tan simple como un catarro ou unha gripe.

Comentarios