Ir al contenido principal

Deterioro medioambiental



MACRO

Crecemento sostible:
  • Deterioro medioambiental do planeta terra
  • Concepto sostibilidade
  • Decrecemento




O DETERIORO MEDIO AMBIENTAL DO PLANETA TERRA

INTRODUCCIÓN

O deterioro ambiental é unha das maiores ameazas para o noso planeta, prodúcese debido aos distintos danos ao medio ambiente. Os diferentes factores que o producen son moi variados e é importante identificalos para corrixilos e buscar solucións.

DEFINICIÓN

O ambiente é unha unidade ecolóxica que alberga tanto compoñentes vivos como non vivos, é dicir, bióticos e abióticos. Nos compoñentes vivos inclúense plantas e animais e nos non vivos o chan, lagos, ríos, aire...
O deterioro ambiental é a pérdida da capacidade do medio ambiente para satisfacer as necesidades sociais, da biodiversidade e ambientais da terra. Ocorre un deterioro ambiental cando os recursos naturais da terra esgótanse ou dánanse e o medio ambiente vese comprometido.

CAUSAS

A contaminación

Chamamos contaminación á alteración provocada no medio ambiente pola introdución de distintas substancias no entorno que exercen un efecto negativo sobre este. Existen distintos tipos de contaminación, que habitualmente se dividen segundo o medio afectado. Os tipos de contaminación máis coñecidas e estudadas son a contaminación do chan, atmosférica, hídrica e acústica, pero tamén hai outras menos coñecidas como a contaminación lumínica, visual, térmica...

Outro método para clasificar a contaminación é segundo o grao de dispersión dos contaminantes. Así temos:
Contaminación puntual: os contaminantes sitúanse nun só punto, como un desaugadoiro.
Contaminación difusa: os contaminantes difúndense polo medio, como a choiva aceda por acción do vento.

O sector industrial

Gran parte da deterioración ambiental débese ás actividades industriais, que producen bens para a sociedade á conta de danar o medio ambiente, xerando contaminantes ou dando á poboación os elementos necesarios para seguir deteriorando o ambiente.

A deterioración do hábitat

A deterioración do hábitat prodúcese en gran parte por actividades realizadas polos seres humanos, como a construción de represas ou o turismo na costa, que afectan as especies animais e vexetais que habitan nel.
Outra causa da deterioración ambiental é a introdución de especies invasoras, xa que ao non ser habitantes naturais dese hábitat, alteran as súas condicións.

CONSECUENCIAS

As consecuencias deste deterioro son variadas e poden ser a extinción de especies, a pérdida da biodiversidade, a pérdida da calidade do aire, a contaminación da auga, a erosión do chan, o aumento do efecto invernadoiro... Se ben moitos destos efectos non son visibles a corto plazo, nótanse a largo plazo. É por esta razón que as accións actuais, poden repercutir no deterioro ambiental futuro.

- Para os humanos:
A deterioración ambiental pode ter efectos sobre os seres humanos ou a súa saúde. Algúns destes son:
  • Pobreza, sobre todo en países subdesenvolvidos.
  • Falta de acceso aos recursos básicos como a auga potable.
  • Contaminación de augas con microorganismos patóxenos ou substancias químicas.
  • Posibles enfermidades debido aos contaminantes como afeccións respiratorias, aumento da incidencia dalgúns tipos de cánceres…
  • Difusión de substancias prexudiciais para a saúde humana na alimentación, debido principalmente á contaminación de augas con metais pesados.
- Para a biodiversidade:
Tanto as especies vexetais como animais sofren as consecuencias da deterioración ambiental. Algunhas son:
  • Aumento dos mamíferos mariños nas praias, pola tensión e desorientación.
  • Morte de peixes pola acumulación de metais pesados nas augas e por outros contaminantes como o plástico.
  • Migración de especies debido á contaminación lumínica ou ao cambio climático.
  • Extinción de especies animais e vexetais por culpa do cambio climático.
  • Migración de especies a lugares que non son os seus hábitats naturais, converténdose en especies invasoras.
  • Prexuízos para as especies vexetais debido a factores como a choiva aceda, contaminación do chan por substancias químicas...
  • Salinización de zonas costeiras como consecuencia do aumento do nivel do mar.

- Para o planeta:
As consecuencias da deterioración ambiental para o planeta son as seguintes:
  • Quecemento global e desertificación, polo aumento dos niveis de CO2 e outros contaminantes atmosféricos.
  • Aumento da ocorrencia de fenómenos climáticos extremos como furacáns.
  • Eutrofización de augas doces, debido á contaminación das augas.
  • Aumento da erosión de chans pola talla masiva de augas.
  • Aumento de entulleiras con residuos tóxicos, que logo son infiltrados ao subsolo.

Comentarios