Ir al contenido principal

Presentación 2019



¡¡Boas!! Chámome Cristina Freire Trinidad e son alumna de economía de 2º de BAC no IES Terra de Trasancos👋💖

IES TERRA DE TRASANCOS

Situación:
O Instituto de Ensino Secundario Terra de Trasancos é un centro do Concello de Narón (A Coruña) de titularidade pública. Atópase no lugar de Camiño Real S/N e o acceso principal ao centro resólvese dende a Estrada de Cedeira. A distancia do IES aos núcleos urbanos do concello, así como a procedencia dos alumnos, fai que estes utilicen para o acceso ao centro transporte escolar e, no caso dos alumnos de ciclos, transporte privado cando o seu horario lectivo non coincide co do resto dos alumnos. Este feito supón un condicionante na actividade do centro pois, na práctica, o desenvolvemento de calquera actividade fóra do horario lectivo implica o desprazamento dos participantes polos seus propios medios sen que exista nin sequera transporte colectivo público nas proximidades.

Alumnado e familias: 

Os alumnos do centro proceden, maioritariamente, dun entorno urbano. O idioma que empregan nas súas relacións interpersoais é o castelán, aínda que empregan tamén o
galego sen dificultade. O Índice Socioeconómico e Cultural (ISEC) utilizado como elemento definitorio do contexto dos centros sitúanos nun nivel medio.

NARÓN

Narón é un municipio español, situado ao noroeste da provincia de A Coruña (Galicia). Pertence á comarca de Ferrol. Segundo o INE, a súa población empadronada en 2013 era de 39450 habitantes. Narón sitúase nos oito municipios máis poblados de Galicia, sendo o cuarto municipio na provincia de A Coruña despois de Ferrol, Santiago de Compostela, e A Coruña. É un municipio mixto, con sete parroquias rurales nas que viven menos da cuarta parte da población e cun núcleo urbano de máis de 30.000 habitantes formado polos barrios de A Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xubia, destacando pola súa población os catro primeiros.

Indian Heads

Comentarios