Ir al contenido principal

Entradas

A historia de Lebiam en Chimteka, Malawi

A historia ocorre en Chimteka (Malawi) e trátase dun neno chamado Lebiam que tras morrer o seu pai, a súa nai e o  seu tío ten que ir a vivir coa súa irmá que xa ten moitos fillos  e falta de recursos. Por isto, Lebiam traballa cazando ratos  que  vende para conseguir diñeiro que cubra os materiais  necesarios para ir a escola. O problema é que como a súa  irmá non ten diñeiro, el ten que comprar con eses aforros  comida para a súa familia. Por outro lado, ao igual que  Lebiam, no pobo no que viven moitos nenos quedan orfos  pola enfermidade do SIDA e teñen que ir a vivir con outras  familias que non teñen suficiente diñeiro para mantelos.  Como non teñen unha cura, van ao hospital (aínda que  teñen como único recurso unha bicicleta común) a por  medicamentos que evitan que a enfermidade se reproduza.  Moitos homes seguen rexeitando o preservativo e o 15% da...

Presentación 2018

¡¡Boas!! Chámome Cristina Freire Trinidad e son alumna de economía de 1º de BAC no IES Terra de Trasancos👋💖 IES TERRA DE TRASANCOS Situación: O Instituto de Ensino Secundario Terra de Trasancos é un centro do Concello de Narón (A Coruña) de titularidade pública. Atópase no lugar de Camiño Real S/N e o acceso principal ao centro resólvese dende a Estrada de Cedeira. A distancia do IES aos núcleos urbanos do concello, así como a procedencia dos alumnos, fai que estes utilicen para o acceso ao centro transporte escolar e, no caso dos alumnos de ciclos, transporte privado cando o seu horario lectivo non coincide co do resto dos alumnos. Este feito supón un condicionante na actividade do centro pois, na práctica, o desenvolvemento de calquera actividade fóra do horario lectivo implica o desprazamento dos participantes polos seus propios medios sen que exista nin sequera transporte colectivo público nas proximidades. Alumnado e familias:   Os alumnos do centro p...

Tattoo Shadow

Presentación

Narón

Narón 2

Canvas