BANCO PALMAS Como resultado dos procesos de desaloxo de comunidades de pescadores que se produciron nos anos 70 para dar paso á especulación en zonas de turismo da costa, o Conxunto Palmeiras xurdiu en forma de favela. Non tiña auga, sistemas de canalización ou transporte público e a violencia era unha das máis altas do estado de Ceará. Así mesmo, a comunidade, debido ao desaloxo forzoso, quedouse sen o seu medio de vida, a pesca. Como en todas as historias de loita, as bases mobilizáronse. Os veciños, fartos das condicións infrahumanas nas que vivían tomaron as rendas da súa localidade e empezaron a crear as súas propias condicións. En 1981 formaron a Asociación de Veciños do Conxunto Palmeiras ( ASMOCONP nas súas siglas en portugués), que se encargou de crear os servizos que necesitaba a comunidade. Con todo, a xeración de rendas seguía sendo unha cuestión pendente e debido a que agora o barrio ofrecía mellores condicións de vida grazas ao traballo da...